Estes versiños están dedicados á miña amiga Margarita, que deixou a súa casa da Habana hai case 50. E mais nunca alí tornou. Estou segura de que aínda a leva na memoria mais profunda do corazón. A ver se consigo colgar a foto que lle saquei á rúa Egido (agora se chama avenida Bélgica).Vai por ti, Margarita:
Lúa de prata
chouta polos tellados
e ronronea.
E ronronea
movendo a súa cola
a lúa bébeda.
A lúa bébeda
que chora cando escoita
as voces negras.
As voces negras
resoan polos cantos
De toda a vila
van chegando lembranzas
de
Margarita.
De Margarita,
que soñaba gardenias
dende
Galicia.
Dende Galicia
visitarei o Egido
Coa sombra dela
paseo polas rúas
da Habana vella…
…Da Habana vella,
pintada cos sorrisos
da
nova Habana.
A nova Habana
durmindo ao sol de día,
Viva na noite,
polos balcóns enreda
lúa de prata.
Eureka! Din feito, aínda que o resultado non sexa espectacular e teña un pouco de trampa (porque a lúa chea tocoume en Santiago, pero de noites todas as postais das cidades son parecidas)