viernes, 1 de junio de 2012

Cumprindo a miña promesa

O obradoiro de haikus naceu da conxunción de varios acontecimentos interrelacionados: a semana das letras galegas, unha consulta sobre o tema dunha colega que finalmente me pasou o material e o feito de contar nas miñas clases de adultos cun alumno que é ademais un coñecido escultor que traballa con ferro e outros materiais para facer grandes artefactos  simbólicos, os cales cobran sentido en diálogo coa paisaxe onde se instalan, como efectivamente puiden comprobar no Parque da Torre e na baixada ao Portiño. A suxerencia da dirección aproveitou o seu paso polo centro para facer unha "intervención" ubicando nos vestíbulos algúns deles e completalos con algunha instalación na que tamén puidesen colaborar os seus compañeiros. A idea era facer un xeito de exercicio interdisciplinar ou interxeneracional que puidese implicar  tamén a outros compañeiros e profes na reflexión sobre o que significa o coñecemento e a súa comunicación ou trasvase. Cousa que, teño que decilo, só a medias se conseguiu, pero había que intentalo.
E eu decidín facelo, aportando a esas imaxes "que valen por mil palabras", outras palabras capaces de aportar miles de imaxes. Ou sexa a poesía, que non me é allea, case desde que sei falar. Penso que unha maneira boa de iniciarse na creación poética é botarlle unha ollada ao mundo do haiku. Certo que son mais dificeis do que parecen. Facer un bon haiku costa. Pero facer entre todos algunha cousiña decente que se lle pareza é mais sinxelo. Ou iso creía...
Á vista dos resultados decidín que podía publicalos caseiramente co nome de case haikus. Sí, porque ao que non lle falta unha cousa lle sobra outra, incluidos os que elabourou como mostra esta profesora. Comezarei por eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario