lunes, 18 de junio de 2012

Obradoiro de Haikus

Esta é a creación colectiva de 4º da ESA, despois dunha sesión de proba. Aínda que se trataba de conectar coa exposición de Pepe Galán, a través de palabras como auga, ferro, fume, mar, vida, verso,a cada quen sempre lle pode o que leva dentro e debemos recoñecer que a alma colectiva deste 4º da ESA é mais ben romántica e por ese lado desborda as regras. Somos así, que lle imos facer...!



O mar que brilla
baixo o ceo estrelado
de longas noites.
O fume negro
estende a súa esteira
durante o día.
Loucura lenta,
que remate contigo,
contigo empece.
A vida soa
fica neste momento
para ser eterna.
A vida mírame
na beira do camiño
volver sen ti.
Os mares azuis
esténdense cruentos
coas súas  vidas.
A vida sen ti
non a podo vivir…
Mátame xa!
A vida miña
non vai seguir sen ti,
é só un lamento.
A voz do mar
no canto perigoso
ficou atrás.
Tremer de medo
neste día escuro
mirando nada.
Versos escuros
tales como os teus ollos:
a mar de noite.
Ferro e cristal
xa na mar non se ven.
Lonxe quedaron.
 Verso non escrito,
mais tantas veces lido
sempre na alma.
Azul o mar
brilla sobre a area
no claro día.






As chemineas
contra o ceo azul
botaban fume.
Pozo de ferro,
esquecido na historia,
escuro e frío.
Son verdes bosques,
e azuis mares vivos.
Desertos, nada.
Triste choraba
o arume do monte
de non ver auga.
Nesta mañá
quente de primavera
pousan os páxaros.
Olor a verán
e morriña no aire…
tarda en chegar!
As pedras falsas
que están botando ao mar.
Desexos rotos






Fume voando
coma un inmenso corvo.
Sempre mais.
Auga berrando
e axitando cadeas.
Quer liberdade.
O mellor verso,
entre a risa e a rabia
fica atrapado.
O mar verdoso
faise azul nos teus ollos,
e ás veces gris.
A túa vida,
coa miña, coa deles,
é a nosa vida






No hay comentarios:

Publicar un comentario